Os alcaldes e as alcaldesas da bisbarra do Morrazo na cata dos viños.

Un xurado formado por cinco profesionais do sector do viño serán os responsables de evaluar a calidade dos caldos que concurrirán á III Cata Profesional das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo que se celebrará en Riomaior no marco da IX Festa do Viño.

O xurado estará presidido por José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural e xunto a el catarán os viños Luis Paadín e Alejandro Paadín, ambos autores da Guía de Viños de Galicia, sumiller e membros da Asociación de Sumilleres de Galicia, entre outras entidades. No xurado estará tamén a enóloga da adega Santiago Ruiz, Lucía Dopazo e a asesora enológica, Bárbara Rodrigo

A cata, que terá lugar o sábado 30 ás 12 da mañán, desenvolverase de xeito paralelo ao concurso-cata dos viños participantes. I é que na Festa do Viño de Vilaboa daranse cita sete viticultores locais e cinco adegas da IXP Ribeiras do Morrazo, unha delas de Vilaboa. Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; Manuel Conde Conde, Manuel Collazo Fernández, José Blanco Martínez “Quinteiro de Sabela”; Jesús Amoedo Leiro “Casa da Torre”; Manuel Rúa “Casa Quinteiro”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Adega Reboraina (Redondela); Adega Ardán (Marín); Adega Mosteiro de Poio (Poio); Adega Videiras no Mar O Hío (Cangas) e Guillermo Martínez Pintos de “Adega Os Areeiros” compartirán a súa produción vinícola con todos os que se acheguen á explanada de Riomaior nas xornadas do vindeiro sábado e do domingo, dentro dunha programación festiva que contará con boa música, inchables para a poboación máis nova e obradoiros artesáns.

A Festa do Viño contará tamén cun pregón. O periodista deportivo Terio Carrera será o encargado de loubar as diferenzas dos viños elaborados na Ribeira do Morrazo, cun sabor afrutado que os distingue e os converte en exclusivos.

Ademáis dos stands das adegas para a degustación dos viños, o recinto de Riomaior acollerá na última fin de semana de xullo un servizo de bar a cargo da cafetería O Toxo, de Vilaboa mentras que os irmáns Iván e Jorge González, de Pulpería Selecta, encargaranse de que non falte polbo á feira durante toda a fin de semana. O Goberno local aposta así pola promoción do comercio local nesta festa, na que tamén participarán artesáns de Vilaboa. As palilleiras locais tamén farán un obradoiro a partir das 19 horas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí