O PP de Moaña que lidera Javier Carro acusa ao goberno municipal da alcaldesa Leticia Santos de «ocultar información ós membros do Grupo Municipal do Partido Popular cando lle son solicitados documentos para a súa consulta». E, engaden, «o peor de todo é que se dedica a incumprir reiteradamente o ROM, con especial debilidade polos artigos 5 e 6». «O máis grave, din, é a actitude soberbia e prepotente da señora Santos e os constantes intentos de vacile coa oposición», denuncian os populares.
«Chegou a señora Santos nunha Comisión a levantarlle a voz con unha falta de educación clamorosa a un Concelleiro do noso grupo, ameazandoo si volvíamos a decir na prensa que o seu goberno non era transparente, nunha actitude indigna do posto que ocupa como presidenta da Corporación. Pois estamos de novo denunciando a súa falta de transparencia porque é a nosa obriga, e non hai ameaza que valga ou que nos impida facer o noso traballo», relatan.
O PP pon de manifesto que levan desde finais de agosto agardando pola copia de certificación do palco vello e non aparece por ningunha parte, pedíuse en dúas ocasións por sede electrónica, e tamén en Comisión, pero non se nos envía, a desculpa que se nos da é que o Concello ten unha póliza de RC e ela é a máxima responsable do que pasa no Concello, pero onde está o documento ou si existe, nada de nada, e por certo de non existir esa certificación a situación sería moi grave, e o Concello estaría cometendo unha ilegalidade de xeito recurrente, sin non é así que nos aporte a copia de ese documento canto antes e cumpra a normativa como nos esixe a nós. «Nos tememos o peor, porque case dous meses despois que non apareza un documento no Concello non e moi boa sinal», opinan.
Outro exemplo, expoñen, que demostra «a falta de transparencia da señora Santos e do seu goberno» é a solicitude do contrato de servizos xurídicos externos suscrito polo Concello para poder consultalo, «pero unha vez transcurrido o prazo para poñelo a nosa disposición, non temos resposta».