A alcaldesa coa organización do Trofeo esta mañá no Concello.

Este sábado 21 de maio celebrarase o VII Trofeo Open Dominou Concello de Cangas, unha cita que regresa tras a pandemia cun cheo absoluto. O torneo disputarase en Don Hotel cunha primeira rolda a sorteo e as seis seguintes ao sistema suízo baixo o regulamentación vixente da Federación Española de Dominó. As partidas durarán 50 minutos. Espérase que asistan ao redor de 130 xogadores de Galicia e de Asturias que participarán por parellas.

Para optar aos premios por equipos, de entre 80 e 250 euros, deben de estar formados por un mínimo de 4 parellas e un máximo de 7 e estar rexistrados na Federación Galega. No caso dos galardóns por parellas, de ata 150 euros, poderán ser modificados se non hai 40.

O torneo conta co apoio do Concello de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *