El grupo del PP de Cangas en la sede.

“Son apoios concedidos por concorrencia non competitiva. Vaia, que só tiñan que solicitalos. É un escándalo. Están bloqueando a chegada de recursos da Xunta ao noso Concello”, critican

O goberno local liderado polo BNG continúa sumando subvencións renunciadas ou perdidas ao seu haber. Agora fíxose pública a renuncia ás axudas autonómicas no marco do programa ‘Galicia refuxio climático’ dirixidas a fomentar a aplicación de solucións baseadas na natureza para previr riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos.

Os populares sinalan que son apoios que son concedidos en réxime de concorrencia no competitiva, “é decir, só tiñan que solicitalas” explican, e están destinadas a financiar proxectos que impulsen a infraestrutura verde e a conectividade dos espazos verdes, co fin de incrementar a biodiversidade, mellorar a súa conservación, adaptala ao cambio climático, mellorar a calidade ambiental e crear espazos saudables.

Nesta ocasión foron beneficiados 30 concellos galegos cun importe medio que supera os 51.000 euros polo que “deste xeito, e no que levamos de mandato, xa son máis de 700 mil euros os cartos perdidos polo BNG e os seus socios” denuncian. “Exiximos responsabilidades ante esta nula xestión da que sae prexudicada constantemente a veciñanza” destacan. “A este ritmo serán máis de 1 millón de euros en axudas perdidas” alertan.

“É unha vergonza. Resulta surrealista que reclamen máis recursos para a nosa vila mentres son incapaces de solicitalos” engaden. “Estes feitos, en circunstancias normais, deberían ser causa de dimisións. Pero en Cangas xa levamos tempo aceptando o polbo como animar de compañía” ironizan. “Están bloqueando reiteradamente a chegada de recursos da Xunta ao noso Concello” critican. Entre os proxectos subvencionables están intervencións en espazos públicos orientados a atenuar o efecto illa de calor urbano comoo sombreado natural de rúas e prazas, con especial preferencia de utilización de especies autóctonas, redución de impermeabilidade o chan, ou a creación de microclimas con láminas de agua.

Tamén son obxecto de financiación actuación de incremento da biodiversidade urbana e aumento de zonas verdes como a implantación de xardíns verticais, cubertas verdes en infraestrutura urbana, ou a restauración e rehabilitación de humedais.Ademais, tamén recolle a mellora da infraestrutura urbana verde e azul que inclúe a restauración de treitos urbanos de ríos ou a mellora da conectividade natural entre o medio urbano y periurbano.

Pacto polo Clima e a Enerxía

A formación maioritaria da Corporación recorda que Cangas asinou o Pacto das Alcaldías polo Clima e Enerxía “cuxos compromisos o Goberno local incumpre reiteradamente” denuncian, “ ao igual que fai cos acordos plenarios” engaden.

“Está moi ben, de cara a galería, asumir compromisos sobre o papel pero é moito mellor levalos á práctica” reflexionan.

Nesta liña recordan que o tripartito renunciou tamén no que levan de mandato as axudas para mellorar a eficiencia enerxéticas das instalacións municipais, “unha actuacións que están dirixidas a aforrar fondos públicos e reducir as emisións de CO2” destacan. “Isto volve a deixar patente que a súa preocupación pola crise climática, como con tantas cousas, e só puro postureo” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *