Os menores no aparcadoiro de Rodeira.

O Correlingua chegou onte a Cangas cunha nova parada do seu percorrido. A partir das 11:00h, deu comezo o espectáculo principal, conducido polo actor Fran Rei. Pouco despois o escenario acolleu a actuación das pandeireteiras do CEIP O Hío e do CEIP A Espiñeira, que deron paso ao saúdo institucional da alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido. A continuación, alumnado do IES de Cangas fixo lectura do manifesto gañador do Correlingua 2025. A festa rematou coa actuación do artista Paco Nogueiras.

Participaron institutos y colegios de Cangas, Bueu e Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *