O icónico dúo madrileño, que está de xira celebrando 30 anos de traxectoria, actuará o 15 de xullo no Parque Eguren
O martes, 15 de xullo, véspera do Día do Carme, Camela dará un concerto gratuíto para toda a cidadanía de Marín. Así o adiantou esta mañá o Goberno local, que xa está inmerso na programación das Festas do Carme, da que este é o primeiro plato forte que se coñece.
O icónico dúo madrileño, que marcou a varias xeracións coa súa inconfundible música, naceu nos anos 90 fusionando rumba flamenca co tecno-pop. Con máis de 9 millóns de discos vendidos, o grupo de Dionisio Martín Lobato e de María de los Ángeles Muñoz Dueñas, celebra nesta xira 30 anos sobre os escenarios,
deleitando a todas as persoas fans con éxitos como “Cuando zarpa el amor” ou “Lágrimas de amor”, entremezclados coas cancións do seu novo disco, “Que la música te acompañe”.
Desde o Goberno local adiantan que se está a traballar “en volver ter unha intensa programación nas semanas grandes do noso verán, as das Festas do Carme, que son un punto de referencia no noso calendario festivo”. A medida que se vaia achegando o verán iranse coñecendo máis actividades, pero “xa queríamos
anunciar un concerto como o de Camela que, estamos seguros, atraerá a unha gran cantidades de veciñanza e de visitantes para desfrutar da súa música”.