Dous coches resultaron calcinados no Camiño Vello de San Roque, á altura do número 10, en Cangas, esta tarde. Segundo informan os Bombeiros do Morrazo e Protección Civil, ocorreu ao redor de las 18:00 horas cando un dos vehículos, que estaba aparcado na zona, comezou a arder e afectou ao outro que estaba estacionado á beira. Tamén resultou danadas as persianas da vivenda próxima aos coches. Non houbo que lamentar feridos.