Bueu acolleu esta fin de semana a cuarta edición da Gaelic GP Drone Festival, tras un ano de parón polo Covid-19. Un espectáculo aéreo ao que só puideron acceder 900 persoas que debían cumprir en todo momento coas normas antipandemia establecidas polas autoridades sanitarias. O campo da Estacada converteuse nunha especie de gaiola rectangular de 70 metros de longo e 50 de ancho e, ademais, tivo unha rede situada a uns seis metros de altura. Un espectáculo controlado do que puideron gozar tanto os afeccionados como tamén as autoridades e os curiosos que esta fin de semana saísen a gozar do bo tempo por Bueu.