Baldeos nas rúas de Bueu.

O Concello de Bueu emitiu un bando desde a Alcaldía para alertar da necesidade de tomar medidas de «pealerta» para reducir o consumo de auga por mor da seca que vivimos. Un chamamento á responsabilidade que, desde a institución municipal, poñen en marcha implementando as seguintes medidas de aforro.

• Restrición de regos e baldeos de rúa e parques
• Restrinxir ou mesmo suprimir o uso das duchas nas praias
• Evitar o lavado innecesario dos coches
• Limitar o uso da auga en piscinas
• Reutilizar a auga para outros usos e así evitar problemas maiores na época na que nos adentramos, cando menos chove e a demanda de auga aumenta.

As medidas adoptadas na situación de prealerta buscan a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así coma a toma de conciencia dos concellos e cidadanía en xeral sobre a necesidade de facer un consumo responsable.

Con só uns pequenos xestos diarios podemos axudar a coidar e consumir a auga de maneira responsable. Por iso propóñense unha serie de recomendacións para a cidadanía:

  • Asegúrate de PECHAR BEN A BILLA, non deixes que gotee. Aforro 30L/día.
  • Elixe DUCHA en lugar de baño. Aforro 60L.
  • Se deixas correr a auga para que se arrefríe ou queza, recóllea nun recipiente e APROVÉITAA
    para outros usos. Aforro 15 a 25 L/minuto.
  • Pecha a auga da ducha mentres TE ENXABONAS OU LAVAS O PELO. Aforro 150L.
  • Pecha a billa mentres CEPILLAS OS DENTES. Aforro 5/10 L/min.
  • LAVA froitas e verduras nun recipiente. Aforro 15 a 25L /minuto.
  • Utiliza a LAVADORA a plena carga. Aforro 200L por cada lavado.
  • Non empregues o INODORO como papeleira e tira da cadea só cando sexa necesario. Aforro 20L.
  • Minimiza o rego de xardíns axustando o consumo todo o posible.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí