A parroquia de Cela volverá celebrar este ano a XIX Festa do Viño Tinta Femia, que se recupera baixo a organización do Concello de Bueu e a Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu. Este mércores pola tarde tivo lugar no Eirado de Cela a rolda de prensa na que participaron Félix Juncal, alcalde de Bueu, Carmen García, concelleira de Cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, Ricardo Verde, edil de deportes, Xosé Leal,
de Facenda, amais de representantes da Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu e colleiteiros e colleiteiras.
A festa celebrarase no Eirado de Cela na fin de semana do 4 ao 6 de xullo e nela incluiranse actuacións de música tradicional, degustacións e catas deste viño que é xa, sen lugar a dúbidas, un dos produtos máis singulares e definitorios da vila morracense.
De feito, e como se avanzou na presentación, nesta edición haberá 1300 botellas ofrecidas polos dez colleiteiros e colleiteiras participantes, e tamén se dispoñerá de comida a prezos populares para acompañar.