A concelleira Itziar Álvarez, acompañada das organizadoras do evento Mónica Rodríguez e Conchi Veloso.

Será de 10.30 a 14.00 horas e xuntará a persoas de distintos puntos apaixoadas desta técnica

A Asociación Bolymar recuperará o domingo 3 de outubro a súa tradicional
Xuntaza de Laboreiras e de Palilleiras, que se celebrará ao aire libre, na Alameda
Rosalía de Castro, de 10.30 a 14.00 horas.

Esta actividade foi presentada pola concelleira Itziar Álvarez, acompañada das
organizadoras do evento Mónica Rodríguez e Conchi Veloso.

Cada ano, este evento, que viu paralizada a súa celebración por mor da pandemia
e que agora volve, é unha referencia para as e os amantes desta técnica, que
veñen de distintos puntos de Galicia até a nosa vila para gozar dunha xornada
común.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *