O Goberno local de Marín informou onte do avance da obra de rehabilitación integral do depósito de auga da Costa, que deron comezo a principios de ano e nass que se investirán máis de 163.000 euros.
O obxectivo do proxecto é remodelar toda a instalación hidráulica, xa que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado de deterioro. Con esta actuación, acondicionarase todo o depósito, incluindo a cámara de chaves, e renovarase a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.
A inversión, que se realizará con cargo ao Plan Concellos, únese a outras importantes actuacións que está levando a cabo o Concello nos últimos tempos en materia de abastecemento de agua, como a dotación da nova rede de Bexe, entre outros proxectos.