O partido de Victoria Portas, Alternativa dos Veciños (AV), insta o goberno de Cangas a dar información sobre os campamentos de conciliación do Nadal e que se estableza unha programación de campamentos para o ano que vén. Ademáis, pide ao tripartito que retome os Campamentos de dormida.
Desde AV poñen de menifesto que «sen medidas claras para os campamentos», cómo conciliar» a las familias de Cangas no resulta fácil la conciliación. «Pasan os días e as medidas sobre conciliación seguen sen chegar. As familias que teñen que traballar nas vacacións das crianzas e a estas altuas continúan na incerteza de cómo van a organizarse durante ditas vacacións», expoñen na moción que propondrán a la corporación municipal no próximo pleno ordinario do mes de novembro.
«As épocas onde non hai cole son coñecidas con moita antelación e prácticamente se repiten ano tras ano, sendo algo que se pode programar con moito tempo e a finais de novembro aínda non sabemos se este Nadal vamos ter campamento, ao igual que no Entroido, que en Semana Santa, que no Verán. Iso lle sumamos que a ludoteca polas tardes durante o curso escolar e a casa da Xuventude non dan servizo ás familias para poder axudar a conciliar», acusan ao goberno en alusión á falta de previsión e de sensibilidade coas familias.
E a isto suman os campamentos para durmir fora. «Dita actividade fomentaba a convivencia en idades temperás, e con isto favorecemos o camiño cara unha mellor sociedade. E por outra banda, eran uns campamentos económicamente accesibles, xa que os da Xunta ou Deputación están moi solicitados e cada ano quedan sen poder participar centos de rapaces e rapazas», concluen.