Victoria Portas, portavoz de AV, sentada ás puertas do Concello de Cangas.

Alternativa dos Veciños (AV) traslada o seu malestar pola programación de actividades durante a Semana Santa en Cangas, que un ano máis se presenta 2claramente limitada e pouco representativa da diversidade social, cultural e xeracional da vila».

Aínda recoñecendo o valor das tradicións e das manifestacións relixiosas para unha parte da veciñanza, consideramos que a axenda municipal «non pode centrarse case exclusivamente neste tipo de actos», deixando «sen alternativas reais a unha ampla maioría da poboación que non participa nin se identifica con estas celebracións».

Dende AV botan en falta unha programación «plural» que inclúa «propostas culturais contemporáneas, actividades de lecer para a mocidade, iniciativas familiares variadas e espazos de encontro abertos, inclusivos e laicos». «A realidade social de Cangas é diversa, e así debería reflectirse tamén na oferta pública de actividades, especialmente nun período festivo no que moitas persoas permanecen na vila ou a visitan», afirman.

Desde Alternativa cren que o Concello debe asumir o seu papel como «institución de todas e todos», promovendo unha programación «equilibrada» que respecte as tradicións, pero que ao mesmo tempo «garanta opcións para quen busca outras formas de vivir o tempo libre».

Por todo isto, AV insta ao goberno municipal a «abrir un proceso de diálogo coa veciñanza e cos colectivos sociais e culturais, co obxectivo de construír no futuro unha programación máis inclusiva, diversa e acorde coa realidade plural de Cangas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *