Victoria Portas con una camiseta con la palabra 'NoN' a la subida de la basura.

A Alternativa dos Veciños de Cangas convoca a toda a cidadanía á Asemblea Veciñal sobre a Taxa do Lixo, un encontro informativo aberto no que se abordarán as principais dúbidas e preocupacións relacionadas coa nova taxa xestionada pola Mancomunidade do Morrazo.

A reunión terá lugar no Salón da Casa da Cultura, mañá xoves 27 de novembro ás 20:00 h.

Durante a sesión trataranse cuestións que están a xerar incerteza entre a veciñanza, como:

  • Quen debe pagala
  • O importe da taxa
  • Posibles bonificacións
  • Se pode fraccionarse
  • Procedementos para presentar recursos
  • Situación das zonas máis afastadas
  • Exencións e casos nos que non se aplica
  • Prazos e calendario

O obxectivo principal é ofrecer información clara e contrastada, resolver as preguntas máis frecuentes e facilitar que cada veciño e veciña coñeza os seus dereitos e obrigas respecto desta nova taxa.

A Alternativa dos Veciños anima a toda a poboación a asistir, pois considérase fundamental contar cunha participación activa para defender os intereses do municipio e garantir unha xestión transparente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *