Un rapaz de 13 anos atópase en observación despois de ser atropelado cando cruzaba o paso de peóns da Porta do Sol, na parroquia moañesa de Meira, segundo informa a Policía Local de Moaña. O menor camiñaba xunto á súa nai, que ía uns metros máis atrás e por iso non resultou afectada, cando un vehículo que circulaba en dirección Vigo arroiouno. En principio as lesións por mor do impacto non parecen graves aínda que se atopa en vixilancia médica despois de ser trasladado ao hospital en ambulancia.
Agora a investigación determinará a causa do atropelo cuxa responsabilidade se dirimirá vía xudicial. Tanto o condutor do vehículo implicado como a vítima son veciños de Moaña.