A Policía Local de Marín informa dun atropelo acontecido no paso de peóns fronte ao Concello, na Avenida de Ourense. Un vehículo alcanzou a un mozo, que sufriu un traumatismo na cabeza e máis lesións, aínda por determinar.
Unha ambulancia desprazouse ata o momento ao lugar para trasladalo ao Hospital Quirón. Aínda non foi determinada a gravidade, máis inicialmente non se teme pola súa vida.
O conductor do vehículo, que deu negativo en alcool e drogas, alegou que foi o sol baixo o que lle reflexou e lle cegou, impedíndolle ver ao peón no seu cruce, mais seguirase o procedemento de investigación correspondente para clarificar as causas do accidente.