Danos no vehículos que atropelu á veciña de Domaio.

Susto onte á noite en Domaio, aínda que afortunadamente sen consecuencias fatais. Unha muller de 81 anos, veciña da parroquia e que responde a C.C.V., foi atropelada na PO-551 á altura do bar Pisces cando cruzaba o vial fose do paso de peóns.

Segundo informa a Policía Local, o vehículo impactou contra ela aínda que, afortunadamente, non parecía ter feridas graves. Aínda así foi trasladada ao hospital de Fátima para a súa revisión.

O accidente tivo lugar ás 21:30 horas e ata o lugar trasladouse unha ambulancia do 061, a Policía Local e Garda Civil que se fixo cargo de instruír as dilixencias sobre o ocorrido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *