En torno ás 19:30 horas de esta tarde saltaban las alarmas. Un veciño que paseaba ao can pola parte alta da pista de motos da Xesteira, en Moaña, atopou o cadáver de Jorge Carballo Couso, un veciño de 45 anos que faltaba da súa casa desde o luns. Esta mesma mañá facíase pública a súa desaparición.
Tamén andaban pola zona veciños de Jorge, que se atopaban facendo batidas para tratar de localizalo. Cando se toparon co seu corpo xa fora alertada a Policía Local de Moaña.
Garda Civil, Protección Civil e Policía de Moaña formaron un operativo ata a chegada da comisión xudicial unha hora e media despois e o seu posterior levantamento do cadáver.
Veciños e coñecidos mostrábanse consternados coa nova.