El gobierno local votando a favor en un pleno ordinario en Cangas.

O tripartito pagou 197.843,17 euros á empresa informática do Concello o mesmo día que a Alcaldía decretou a firma do contrato pese a que o traballo tiña unha duración de tres meses. O PP reclama ao goberno local que explique a ausencia de informes técnicos e de orzamentos de outras empresas

Non é a primeira vez que o PP de Cangas pon o ollo na xestión do ciberataque ramsonware que sufriu o Concello en maio deste ano. Xa preguntou en varias ocasións ao goberno local BNG-PSdeG-EU por determinados documentos que non se atopan incluídos no expediente, ao que solicitaron acceso hai xa varios meses. Fixérono a través dos leitos oficiais e tamén en diferentes plenos, pero non obtiveron resposta.

«Non pode ser que paguemos 197.843,17 euros nunha transferencia o mesmo día que encargamos o traballo, e que esa mesma empresa pase facturas de desencriptado con datas dende o 18 de maio ata o 30 de agosto, non pode ser porque ainda que algunhas de esas facturas sean de ampliación de equipos, a maioría son de horas de traballo que xa estaban contempladas no contrato pagado con data 23 de Xuño», poñe de manifesto a edil popular Dolores Hermelo.

O PP relata a cronoloxía dos feitos, que comeza o 18 de maio de 2023 con este ciberataque. O goberno saínte tras as eleccións do 28 de maio, presidido por Victoria Portas, seguiu os pasos indicados polo CSIC. Unha liña «na que debería seguir o goberno entrante». Con todo, o que fixo, «o parecer foi un estudo do alcance do daño e procedeu mediante un decreto de alcaldía asinado por Araceli Gestido, a contratar a unha empresa para o desencriptado dos datos e solucionar así a parálise do Concello». Fixoo mediante un contrato administrativo co obxeto «Tramitación de emerxencia. Servizos de auditoría de descifrado e recuperación da información afectada polo ramsomware. “Lockbit 3.0” utilizando o procedemento de emerxencia. Contrato por valor total de 197.843,17 euros para unha duración de tres meses. Sen embargo, desvelan os populares, «este contrato foi pagado mediante unha transferencia bancaria o mesmo día que foi adxudicado».

Sen orzamentos nin informes técnicos

«Nos pedimos acceso a carpeta deste expediente, no mesmo vemos que non existe ningún orzamento feito pola empresa, nin tampouco otro orzamento por parte de outra empresa, algo que nos sorprende xa que o mesmo edil de Facenda fixera unhas declaracións en prensa nas que falaba de varias ofertas e decía que a de Evelb era a mellor. Non aparece tampouco ningún parte de horas firmado polos técnicos, xa que o que se está a pagar é un servizo de horas de traballo, nin aparecen informes de Intervención ou Secretaría», explica Hermelo, quen ao detectar a ausencia de toda esta documentación continúa reclamando información ao tripartito. «Tendo en conta o que falta neste expediente e tamén revisando un informe existente na mesma, pedimos outra vez acceso a esta carpeta, e pedimos que esté completa, con todo o que falta, xa que pagamos 200.000 euros por un traballo de desencriptado, e faltan os documentos que amosen que ese traballo se levou a cabo», continúa a edil.

Ante a ausencia de respostas por parte do goberno local, con data 7 de novembro o PP volve a facer outra solicitude a Alcaldía, «xa que no listado de facturas pendentes de pago que les envían (as facturas que pretendían pagar cos Orzamentos do 2023 a un mes de rematar o ano), aparecen varias da empresa que xa cobrou o desencriptado por un importe de 102.9653,34 Euros».


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *