Estado das obras en Pedreiras.

As complicacións técnicas dos traballos provocaron atrasos pero por fin estase na última fase, despois de renovar todos os servizos esenciais para esta rúa

Esta semana, arrancaron os traballos de pavimentación en Pedreiras de Abaixo, iniciando así recta final das obras, despois de moitos meses debido ás complicacións que foron xurdindo ao longo da súa execución.

O concelleiro Pablo Novas informou de que “xa se rematou con toda a instalación do novo colector para renovar os servizos de abastecemento e saneamento” e que agora só falta pavimentar, rematar a soleira e facer os remates pertinentes para poder concluir con esta intervención, vital para esta rúa.

Esta pavimentación farase en formigón e, por outro lado, estanse forrando en pedra as escaleiras, tal e como se comprometeu coa veciñanza, e colocarase unha varanda para facilitar o tránsito por elas. Previsiblemente, as obras rematarán no mes de decembro, aínda que poderán afectar as condicións climatolóxicas adversas.

Esta intervención supón unha mellora integral nos servizos na zona, así como un intento de mellora da mobilidade, dada o complexo da configuración da propia trama urbana, moi en pendente e con moitos problemas de accesibilidade e de estreiteza das súas vías. A inversión total que se está a realizar é de 284.752,16 euros, co IVE incluído.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *