A pista xa pintada.

A chuvia retrasou os traballos de pintado do interior da infraestrutura deportiva, pero xa se está rematando con esta parte, así como coa renovación das instalacións de producción de ACS

As obras de mellora da eficiencia enerxética do Pavillón da Cañota seguen avanzando e cambiando non só a comfortabilidade e a seguridade desta infraestrutura deportiva, senón tamén mellorando a súa estética e renovando toda a pintura.

Desde hai varias semanas, xa está lita a renovación da cuberta, unha importante actuación que cambiará ao 100% a eficiencia do edificio. Tamén está rematada a instalación da nova producción de ACS e das bombas de calor e a renovación da instalación fotovoltaica, cos cadros e paneis xa conectados e xerando enerxía.

Tralas reparacións dalgunhas unións e doutras imperfeccións, e unha vez pasaron os días de máis chuvia que afectaron á programación dos traballos, xa se realizou a imprimación de toda a pista e aplicouse a primeira man de pintura. No que respecta ás paredes, xa están repintadas na súa totalidade, así como a zona dos graderíos, zona da antigua cantina, varandas, escaleiras… As dúas portas tamén foron renovadas e xa lucen a súa nova imaxe.

Neste proxecto, estanse a investir cerca de 663.000, con cargo a un convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, dentro do seu programa PON2030.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *