O avance dos traballos organízase desta maneira para non afectar á celebración do San Miguel. A última fase será a que aborde o tramo desde o Concello ata onde se creará a nova glorieta

A humanización da Avenida de Ourense segue avanzando a bo ritmo. As obras, que deron comezo á altura de Cantodarea, chegaron xa á intersección entre este vial e a Rúa Carballiño, conseguindo mellorar a mobilidade da principal arteria de Marín, ofrecendo unha beirarrúa renovada, máis ancha e que permite o paso de peóns dunha forma moito máis cómoda e segura do que era antes.

Agora, tal e como explica o Concello, a obra seguirá nun novo tramo, que é o que vai desde a altura da Rúa Estrada ata a Praza de España. O obxectivo de facelo neste sentido é evitar interceder na celebración do San Miguel e así coordinar os traballos coa actividade festiva do municipio.

O proxecto, financiado polo Ministerio de Transportes por 1,2 millóns de euros, está permitindo optimizar todo o vial, repartindo de xeito máis coherente o espazo entre o tránsito de vehículos, o estacionamento e o tránsito de peóns. Co avance das obras xa permite ver como será a fisionomía do vial cando estea rematado o proxecto ao cen por cen.

O Goberno local explica que agora seguirá o desenvolvemento dos traballos desde a altura da Rúa Estrada ata a Praza de España, de forma que non coincidan os labores nesta última zona coa celebración do San Miguel. Unha vez se remate con este tramo, a obra seguirá coa zona que vai do Concello ao cruce con Vidal Pazos. Aquí está proxectada a creación dunha glorieta, que permitirá “cambiar de xeito radical a xestión dos fluxos de tráfico, retirando os semáforos na zona e permitiendo un novo cambio de sentido na Avenida, que ata agora só era posible facer na rotonda da Praza de España”, explica o Concello.

Tal e como xa se pode ver e como se explicou en varios momentos, neste último tramo, o que discorre prácticamente frente a Nodosa e na actual “barriga” que hai fronte a Vidal Pazos, “é o único lugar no que se quitan prazas de estacionamento, xa que é preciso para acadar o ancho suficiente para construir a rotonda”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *