Batalla de flores das Festa do Carme de Marín.

Con motivo das Festas do Carme 2024, o Concello de Marín organiza a Batalla de Flores Nocturna o xoves 11 de xullo de 2024 ás 22:30h. Partirá dende as instalacións do Porto, á altura de Nodosa, pasando por Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura do
Parque Eguren.

Poderán participar nenos e nenas nacidos antes do 31 de decembro de 2018, tendo preferencia empadroados en Marín. No caso de nenos ou nenas de menor idade, será responsabilidade exclusiva do pai, nai ou titor legal. Os disfraces serán acordes aos motivos da carroza correspondente. Os nenos e nenas nacidos entre
o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2018 deberán obrigatoriamente ir acompañados dunha persoa adulta, que terá que ir acompañando tamén caracterizada segundo a temática da carroza.

En todos os casos, será preciso cubrir o anexo I, que se pode atopar xunto co documento das normas na programación dixital do verán (www.concellodemarin.es/veranmarin) e entregalo acompañado de copia do DNI do solicitante e do responsable acompañante. Pode depositarse presencialmente en Alcaldía ou por correo electrónico alcaldia@concellodemarin.es. O prazo para facelo será do 1 ao 5 de xullo, ata cubrir todas as prazas.

Haberá unha reunión previa o martes 9 de xullo ás 21:00h. no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específicos para que a batalla de flores se desenvolva con total seguridade, tanto para as persoas participantes, como tamén para as que gocen do espectáculo.

Todas as persoas que participen na batalla de flores comprométense a manter unha conducta correcta en todo momento e durante o percorrido da mesma, non se baixará nin se subirá ninguén da carroza salvo por causas de forza maior.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *