Alcaldesa e concelleiros cos técnicos en Castiñeiras.

Un acceso máis integrado, un novo aparcadoiro, unha zona de Auditorio ao aire libre e novos espazos con mesas serán os puntais fundamentais dun dos proxectos clave do Plan de Sostibilidade Turística, cuxo inicio foi visita a alcaldesa, María Ramallo

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas, realizou onte unha visita de obra ao proxecto de revalorización do entorno do Lago Castiñeiras, unha das actuacións clave do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Concello de Marín, fi nanciado cos fondos Next Generation da Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

“O Lago Castiñeiras e o seu entorno é unha das maiores xoias do noso patrimonio natural”, explicou a rexedora, que considera que investir nel e tratar de mellorar todos os seus espazos e usos “é o camiño que debemos seguir, sempre da man das comunidades de montes e tendo a sostibilidade medio ambiental como criterio máis importante á hora de realizar actuacións na contorna”.

A empresa encargada de executar estes traballos é Caldevergazo e a inversión do Plan de Sostibilidade Turística é cercana aos 200.000 euros. A mellora centrarase sobretodo na reordenación dos espazos nos que conviven o tráfi co peonil co rodado e na posta en valor da contorna do vaso hidráulico, que ten grandes posibilidades.

“Para iso, actuaremos sobre todo aquí, na zona na que nos atopamos, diante do lago, que agora mesmo ten todos os coches estacionados ao carón da balsa de auga. Faremos dúas zonas separadas, unha para o tráfi co e outra para as persoas que paseen polo entorno, creando un sendeiro peonil”, detallou Ramallo.

O estacionamento de coches tamén se desplazarán un pouco máis arriba, para non entorpecer a vista e a contorna. Crearase unha zona de aparcadoiro específi ca, ordenada e con capacidade abondo para poder renaturalizar o espazo que está pegado ao lago. Ademais, mellorarase o pavimento, instalaranse bancos e crearase tamén outro sendeiro, separando peóns e tráfi co, na subida que hai cara o que será o futuro espazo de estacionamento.

Un Auditorio e un merendeiro mellorado para dinamizar o lugar

“Unha das cousas que queremos potenciar neste entorno natural privilexiado que temos é a súa dinamización. Queremos que a veciñanza e os visitantes o utilicen de maneira respectuosa”, engadiu a alcaldesa. Para iso, ademais de crear unha zona mellorada de merendeiro para incentivar as comidas e picnics no lugar, moi asociada aos asadores que están instalados e que pola súa confi guración permiten asar durante todas as épocas do ano, crearase tamén, aproveitando a pendente, unha Auditorio ao aire libre para poder unir natureza e cultura: “A arte sempre é unha forma exitosa de dinamizar un espazo natural e por iso, con esta nova estrutura que se creará co proxecto, impulsaremos actividades, aquí que terán un telón de fondo inigualable”.

O obxectivo é que as obras estean rematadas na primavera, cando comeza de novo o bo tempo e os plans convidan a saír e a aproveitar os espazos abertos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *