Hoxe celebrouse a misa polo patrón e mañá será pola Virxe dos Remedios, para despois dar paso na fi n de semana á festa, coas Orquestas Players e Os Satélites
A parroquia de San Xulián sempre inicia con festas o mes de xaneiro. Esta mañá, tivo lugar a misa solemne en honra do seu patrón, coa posterior procesión, que estivo acompañada polo Grupo Carballido. Mañá á mesma hora celebrarase outra misa en honra da Virxe dos Remedios.
A partir de entón, empezará a festa esta fi n de semana, cunha programación que foi presentada pola Comisión de Festas, xunto coa alcaldesa María Ramallo e o concelleiro Pablo Novas, que asistiron á procesión.
Unha programación que ten como pratos fortes as actuacións das orquestras Players e Os Satélites e que tamén ten opcións para gozar coa familia con espectáculos de maxia.
Programación da fi n de semana:
Sábado, 10 de xaneiro
● 10.00h. Pasarrúas e sesión vermú a cargo da Charanga OT (haberá pulpeiro e servizo de bar)
● 19.00h. Espectáculo de maxia de Dani García con DGelati
● 22.00h. Gran Verbena co dúo La Vissión, seguidos da Orquestra Players
Domingo, 11 de xaneiro
● Sesión vermú con pulpeiro e servizo de bar
● 15.00h. Pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste
● 18.00h. Espectáculo familiar con Fran Rei e Superheroe
● 21.00h. Gran Verbena amenizada pola Orquestra Os Satélites
● 23.00h. Gran tirada de fogos de lucerío

