Nen@s no primeiro día de campamento de Marín. Foto Archivo.

Os nenos e nenas de Marín que participan nos campamentos de conciliación municipais do Concello iniciaron a súa experiencia de ocio municipal, que lles permite ocupar parte do seu tempo libre con actividades, xogos e deportes.

Este ano estrean unha nova localización con respecto ao ano pasado, xa que se están a desenvolver no CEIP da Laxe. En total, son 50 rapaces que, dirixidos polos monitores, estarán todas as mañás da quincena gozando deste programa da Consellería de Benestar Social e Igualdade.

O horario de entrada é entre as 09.00 – 09.30 e o de saída ás 14.00 horas, tal e como se lles explicou aos proxenitores dos rapaces nas reunións que acolleu a Biblioteca Municipal o luns e que se repetirán a finais de mes para informar aos pais e nais dos campamentos de agosto.

Con respecto á situación sanitaria, tómanse todas as medidas esixibles. O uso de mascarilla é obrigatorio a partir de 6 anos e recomendable de 3 a 6 e haberá xel hidroalcohólico a disposición dos rapaces en todo momento.

Inglés e saídas ao entorno

Está previsto, dentro das actividades, que se realicen xogos lúdicos en
inglés para fomentar a aprendizaxe de vocabulario entre os rapaces e rapazas, que tamén poderán facer algunha visita á contorna.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí