Inicio das obras da Barriada do Carme.

Os traballos son executados pola empresa Caldevergazo e supoñen unha inversión de cerca de 173.000 euros, que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación

Esta mañá arrancaron as obras de renovación da pavimentadción dos viarios de titularidade municipal da Urbanización Virxe do Carme, unha actuación que contempla a mellora de todo este firme, que se atopa moi deteriorado e que, polo tanto, mellorará a circulación tanto de vehículos como do tránsito peonil.

É a empresa Caldevergazo a que se encarga de executar os traballos. Os viarios nos que se actuará son os paralelos á Rúa Jaime Janer e á Rúa Francisco Landín Pazos, ocupando unha superficie total de 8.294 m2. En todo momento, manterase a estructura actual das vias e respectaranse todas as prazas de estacionamento existentes.

Dada a renovación do pavimento das calzadas nos viarios municipais do interior da Urbanización Virxe do Carme resulta necesaria a reposición da sinalización horizontal.

A nova sinalización coincidirá coa existente na actualidade, mantendo os mesmos sentidos de tráfico, as mesmas zonas de estacionamento, pasos de peóns, etc…

A inversión que se realizará nesta actuación será de case 173.000 euros, que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *