Arantza Portabales, pregonera das festas.

A escritora de novela negra dará o pistoletazo de saída á programación festiva deste verán, que xa se pode consultar por días na web www.concellodemarin.es/veranmarin

A nova dama da novela negra. Unha creadora de personaxes redondos e cheos de matices. Unha escritora que chegou ao oficio xa en idade adulta e que hoxe é das máis lidas en España, tanto por público da súa propia idade como pola mocidade, o que lle valeu hai uns meses o Premio Clubes de Lectura 2024, que a coloca como a escritora máis lida das bibliotecas educativas de Galicia.

Esa é Arantza Portabales, nacida en San Sebastián froito da emigración de seus pais e retornada con eles a Marín en 1985, o lugar onde ten as súas raíces e no que pasou a súa adolescencia. Agora, será a encargada de abrir as Festas do Carme, tal e como avanzou esta mañá a alcaldesa, María Ramallo, que desvelou o nome
dunha pregoeira “de luxo, que nos permite traer de novo a esta vila a alguén con talento, con paixón e que ten un enorme cariño a Marín e á nosa xente”.

Formada en Dereito e traballadora como funcionaria de escala superior na Xunta de Galicia, os seus primeiros contactos coa literatura foron a través do microrrelato, que escribía tanto para o certame do programa La Ventana, da Cadena Ser, e para a Voz de Galicia. “Sobrevivindo” sería a súa primeira novela, publicada en 2015 pola editorial Galaxia e que se erixiu como vencedor do xornal autonómico no seu XV Premio de Novela por entregas.

No 2017, a traducción de “Deixe a súa mensaxe despois do sinal” ao español pola editorial Lumen só foi o inicio da internacionalización de Portabales coma escritora, sendo máis adiante traducida tamén ao italiano, o hebreo e o alemán.

Tamén foi adaptada ao teatro pola Compañía Tanttaka.

Despois chegou “Beleza vermella”, a súa incursión na novela negra e a primeira entrega dunha saga que vén de continuar con “La vida secreta de Úrsula Bas”, saída ao mercado en 2021 e que continúa a historia dos inspectores Abad e Barroso. O pasado ano publicou “El hombre que mató a Antía Morgade” e está traballando nun novo título no que Marín, tal e como pasa no resto da súa obra, estará moi presente.

Programa completo das festas

Por outra banda, desde a Concellería de Festas anúnciese que xa está dispoñible o programa do verán por días, a través da ligazón www.concellodemarin.es/veranmarin e a partir de mediados de semana repartiranse programas de man para que ninguén se perda as actividades que están preparadas para os próximos meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *