Interior do Museo Torres de Marín.

O pintor fará un percorrido pola súa obra ata agora, inaugurando a exposición o martes 11 ás 19.00 horas

Antón Sobral é mar, é Marín, é arte. É pensar no azul, nos turquesas, no violáceo das mellores estampas do ceo, motivo recurrente na súa estensa obra, da que fará un percorrido na mostra que se inaugurará o martes 11 ás 19.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Unha retrospectiva que non só fala dos seus cadros, senón tamén de si mesmo como artista e como persoa, nunha reconstrución humanística de 360 grados na que colaboran nove amigos e amigas, cuios textos compoñen un catálogo imprescindible para entender, como di el mesmo, quen é ese tal Antón Sobral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *