Reunión do goberno coa Policía e o técnico para levar a cabo o análise.

Este cambio na ordenación do tráfico, que xa prácticamente está rematado, permitirá aumentar a fluidez, regulando os semáforos nesa zona

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín mantiveron unha reunión de traballo co xefe da Policía Local, Benigno Area, e coenxeñeiro municipal, Joaquín Bermúdez, para estudar como serán os fluxos de tráfico que xere a nova rotonda da Avenida de Ourense, que xa está
prácticamente lista no seu trazado.

Os traballos estanse levando adiante pola UTE de Construcciones Fechi e Moncosa OHS, cun orzamento de 1.250.000 euros. O ancheamento da beirarrúa pegada aos edificios está permitindo resolver problemas de accesibilidade e a creación desta nova rotonda á altura do cruce coa Rúa Vidal Pazos permitirá
regular de xeito máis eficiente a mobilidade.

Goberno local e ténicos municipais estiveron estudando como se regularán os semáforos que se manteñen para poder realizar da forma máis eficiente posibles as incorporacións das vías secundarias, especialmente da Rúa Carballiño.

Polo demais, a obra seguirá avanzando, incluindo a renovación dalgúns cruces de servizos de abastecemento e saneamento que se atopaban en mal estado e ganando un espazo considerable para a cidadanía, os locais comerciais e a hostelería.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *