AV di que se lles negaron ata catro áreas que propuseron:Obras e Servizos, Obras e Movilidade, Servizos e Patrimonio e Servizos Sociais e Ensino
«Consideramos que o noso electorado ten dereito a coñecer os pasos dados na mesa de negociación así como a lealdade e estrictos cumplimento dos acordos na Mesa», así comeza o comunicado emitido por Alternativa dos Veciños (AV) que encabeza a exalcaldesa Victoria Portas dúas tres días despois do pleno de toma de posesión onde o BNG obtivo a alcaldía co apoio de todos os partidos que formaron parte da mesa de negociación previa, incluída AV que se desmarcou do acordo de investidura un día antes por discrepancias.
Sete puntos nos que falan de repartición de áreas, dedicacións e datas:
«1. O primer acordo da mesa de negociación foi realizar un comunicado común e aprobado por todos na mesa para que non existiran inpedimentos nin malas interpretacions nas negociacións, e que Alternativa dos Veciños sempre cumpliu ata hoxe. EU foi a primeira forza en expresar a área que desexaba e ningunha das forzas discutimos a selección de dita área.
2. Con respecto as liberacións sempre defendemos que o traballo se ten que remunerar para ter presenza e dedicación á tarefa encomendada con calidade, defendoa incluso na corporación anterior. Por ese motivo, o concepto de media liberación non ten encaixe xa que implica que se traballen 2 ou 3 días á semana ou soamente 4 horas diarias. Consideramos que o traballo ten que ser recoñecido e aboado en función das responsabilidades asumidas, sin expresarse na mesa ningún empedimento. A nosa proposta de liberación completa foi aceptada pola mesa de negociación, cunha remuneración proposta polo BNG e respaldada polo resto de integrantes sen que Alternativa dos Veciños aportase modificación algunha nin no número de liberacións do novo goberno nin na cuantía das mesmas.
3. Alternativa dos Veciños fomos os últimos en escoller a área, indicando a nosa prioridade (Obras e Servizos) e se nos denegou, por ser a escollida polo PSOE. Na seguinte mesa comunicamos que como segunda opción ter Obras e Mobilidade e como terceira Servizos e Patrimonio histórico arquitectónico, aceptabamos calquera das áreas, e se nos volve a denegar.
4. Desexando un pacto de esquerdas e nun acto de xenerosidade política, porque o pobo se merece ter un goberno responsable, demos unha cuarta opción e solicitamos Servizos Sociais e Ensino, que «aparentemente» se acepta e queda pechado na mesa do día de 14 de xuño.
5. A asemblea de Alternativa dos Veciños ratifica o acordo na súa reunión do día 15 e autoriza aos representantes na mesa de negociación a aceptar o pacto de goberno na xuntanza convocada para o día 16.
6. Na mesa de negociación do 16 nos indican que temos que aceptar media liberación en contra do pactado estos días. Facemos constar que esta variación no acordo debe volver a ser debatido na asemblea de Alternativa dos Veciños. Unha vez dada por rematada a reunión do pacto de Goberno, realizase unha nova reunión a tres bandas sen contar con nós e que ademáis ten reflexo na prensa.
7. Alternativa dos Veciños mantense na mesma liña desde o primeiro día das negociacións e
en prol da nosa palabra o sábado votamos a lista mais máis votada da esquerda».