Presentación na praia de Aguete.

O evento deportivo, que traerá a participantes de toda España, inclúe varias probas a nivel estatal e autonómico e foi presentado no areal marinense esta mañá

A praia de Aguete converterase no epicentro do paddle surf de toda España este sábado coa celebración da Aguete SUP Race, un evento deportivo que engloba varias probas e que atraerá ata a nosa vila deportistas desta disciplina procedentes non só dos mellores clubs de Galicia, senón tamén de Barcelona, Llanes, Mallorca, Alicante, Euskadi…

O evento presentouse oficialmente hoxe a pé de praia coa presenza da alcaldesa, María Ramallo; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; o director técnico de la Federacion Gallega Surf, Jorge Araujo, e o presidente do Imua Paddle Surf Club de Aguete, Guillermo Roca.

A programación inclúe o Campionato de España de Resistencia, na que os corredores farán unha distancia de 21 quilómetros, e a Copa de España de Longa Distancia, de 10,5 quilómetros. Desta última proba, tamén se desputará o nivel autonómico, polo que dos resultados de mañá sairá o campión galego nesta modalidade. En todos os casos haberá categoría infantil, na que se rebaixan as distancias. Finalmente, tamén se desputará a Copa Xunta de Galicia, puntuable para a Liga Galega de Paddle Surf.

A alcaldesa quixo destacar a importancia de que Marín “se posicione como un lugar clave no que practicar un deporte que ten a día de hoxe tantos adeptos e cada día máis”. “Somos un municipio comprometidísimo con calquera deporte e seguiremos apostando por apoiar eventos coma este, que nos poñen no mapa”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *