O establecemento da praia de Portocelo de Marín.

A concesión rexerá por cinco anos, con posibilidade de prórroga doutros cinco

O Bar de Portocelo volverá estar aberto. A licitación para a súa explotación xa se resolveu e o adxudicatario pagará un canon anual de 2.412 euros. Ao concurso presentáronse dúas ofertas sobre o canon mínimo establecido, que era de 1.059,08 euros anuais, resultando a gañadora a máis vantaxosa.
A concesión será por cinco anos, con posibilidade de prórroga doutros cinco máis. A persoa adxudicataria poderá levar a cabo as adaptacións no local que consisdere e, estará obrigada a conservalo en perfecto estado.

Trátase dun establecemento de hostalaría cunha superfi cie de aproximadamente 311 metros cuadrados, fachada acristalada orientada cara a praia, dous accesos principais e unha ampla terraza elevada con vistas panorámicas ao mar.

O espazo interior divídise nunha sala de bar de 150,3 m2 con mesas, cadeiras e barra; unha cociña de 28,7 m2 con equipamento completo e con dous almacéns e aseos masculinos e femininos accesibles.
Ademais, o local está adaptado para garantir a accesibilidade, dispón de baños adaptados e cumple cos requisitos de conservación e seguridade esixidos na normativa vixente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *