O edil de Cultura tramita unha subvención de 3.139 euros para dotar a instalación dun novo sistema de audio
Mellorar as condicións interiores da Capela do Hospital para acoller exposicións e actos culturais. Ese é o obxectivo de Adrián Pena, concelleiro de Cultura, ao tramitar ante a Consellería de Cultura unha subvención de 1.210 euros para a instalación dunha estrutura permanente que facilite a organizacións de mostras e exposición e outra de 1.929 euros para a adquisición dun sistema de audio que aporte calidade á organización dos eventos. Un total de 3.139 euros que, a xuizo de Adrián Pena, mellorarían cualitativamente as prestacións da Capela do Hospital.
Concretamente, o edil de Cultura quere instalar unha barra de inox cortada en tramos e perforada de 60 metros de lonxitude, dotada cun metros de cadeas que faciliten a exposicións de obras que precisen ir suspendidas a unha altura determinada.
En canto ao sistema de audio, a subvención tramitada por Adrián Pena inclúe unha mesa de mezclas de 10 canais: máximo 4 entradas de micro/10 líneas (4 mono/3 estéreo), 1 bus estéreo, 1 envío Aux Yamaha MG10 ou similar, 2 unidades de micrófono de condensador de colo de cisne (Shure Centraverse CVG18 B/C ou similar); 4 unidades de cable XLR-XLR balanceado 10 metros; e 4 unidades de cable XLR-XLR balanceado 5 metros.