O tractor traballando na carballeira.

Adega denuncia a tala da «carballeira mellor conservada do Morrazo», a situada no camiño histórico de Ermelo-San Martiño, que unía a igrexa e mosteiro de Ermelo coa igrexa románica de San Martiño de Moaña. Aseguran que no trascurso dunha ruta de sendeirismo presenciaron como un tractor forestal de gran tonelaxe «pasaba por riba a vez que desfacía á entrada e parte inicial dun dos camiños máis antigos e fermosos de todo o Morrazo».

Por esta mesma zona, engaden, noutro dos antigos camiños do senlleiro conxunto, detectaron outra tala de eucaliptos, onde tamén se cortaron carballos centenarios.

Cartel do sendeiro tirado na zona da tala.

Dende ADEGA Morrazo manifestan que «tanto os camiños históricos medievais de Ermelo cara San Martiño e Coiro, como todo o seu impresionante patrimonio cultural e paixasístico asociado, igrexas de Ermelo, San Martiño, e San Cosme, miradores da cruz do Xestoso e da cruz de Ermelo, requiren un plan de esforzo e políticas de conservación e posta en valor, específicas, planificadas e cordinadas, por parte do conxunto de tódalas administracións». Así como o valiosísimo conxunto das carballeiras, humedais e nacementos dos ríos Bouzós, Bispo e Inferno.

Por este motivo, demandan aos concellos de Bueu, Moaña e Cangas, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, que acorden e fixen, en diálogo permanente cos colectivos sociais, ecoloxistas e cas comunidades de montes da zona, un plan de rescate e recuperación. «A posta en valor dun conxunto etnográfico sen parangón, que hox se atopa en muitos tramos e en demasiadas ocasións en estado de abandono, ou degradado por prácticas irrespetuosas e nocivas. Tales como volcado de entullos, verquido de residuos, circulación ilegal de vehículos a motor, a proliferación de especies exóticas invasoras ou talas destrutivas ou incluso ilegais, e sen regulación de ningún tipo».


DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí