As rifas entregaranse nos comercios asociados e o primeiros tres cheques sortearanse este sábado, 27 de setembro
Os directivos da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS), Manuel Solla e Cristina Souto, acompañados da concelleira de Comercio, Cristina Acuña, pon en marcha a súa Campaña de Outono, coa que premiará a fidelidade da clientela mediante o sorteo de 450 euros en vales regalo para gastar nos establecementos asociados.
A iniciativa desenvolverase ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro, e consistirá en tres sorteos mensuais, nos que se repartirán varios cheques regalo de 50 euros cada un:
● 1o sorteo: Sábado, 27 de setembro de 2025 – 3 cheques de 50€
● 2o sorteo: Sábado, 25 de outubro de 2025 – 3 cheques de 50€
● 3o sorteo: Sábado, 29 de novembro de 2025 – 3 cheques de 50€
En total, os clientes terán a oportunidade de gañar 9 cheques regalo que poderán utilizar nas tendas adheridas á asociación.
As rifas entregaranse nos propios comercios participantes e os sorteos celebraranse no Mercado Municipal de Seixo, onde se habilitará unha urna para depositar as participacións.
Con esta campaña, ACEMAS continúa traballando para dinamizar o comercio local, incentivar as compras de proximidade e ofrecer un valor engadido á veciñanza de Marín.
