O Concello de Marín vén de publicar o anuncio para a contratación das obras de conservación e restauración da Torre do Reloxo da Igrexa de Santa María do Porto. Esta iniciativa, que vai na liña do coidado e posta en valor que o Goberno local leva a cabo, realizarase con cargo a unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Tal e como se pode ler no anuncio, o prazo de presentación de ofertas será de 3 días por un importe estimado de 32.605,11 euros e para poder concurrir será preciso facelo a través da sede electrónica do Concello.
A actuación que se levará a cabo consistirá nas obras de limpeza, restauración e consolidación dos muros e a zona superior da Torre do Reloxo; a substitución da carpintería exterior e das ventás e cambio da porta de acceso á torre, así como a eliminación das filtracións de auga e o sellado.