Será por cinco anos, con prórroga doutros cinco, e un canon mínimo 1.059,08 euros anuais. Pódense presentar ofertas ata o 9 de setembro
O Concello de Marín abriu o proceso de licitación para a concesión demanial, mediante procedemento aberto, do Bar de Portocelo, un establecemento destinado a servizo de restauración e ocio ubicado nun entorno absolutamente privilexiado.
O local conta é de planta baixa, cunha superficie de aproximadamente 311 metros cuadrados, fachada acristalada orientada cara a praia, dous accesos principais e unha ampla terraza elevada con vistas panorámicas ao mar.
O espazo interior divídise nunha sala de bar de 150,3 m2 con mesas, cadeiras e barra; unha cociña de 28,7 m2 con equipamento completo e con dous almacéns e aseos masculinos e femininos accesibles. Ademais, o local está adaptado para garantir a accesibilidade, dispón de baños adaptados e cumple cos requisitos de conservación e seguridade esixidos na normativa vixente.
A concesión sae por un prazo de 5 anos, con posibilidade de prórroga doutros cinco máis, sendo como máximo os 10 anos de duración da concesión. O canon mínimo que serve de base de licitación e que poderá ser mellorado á alza polos é de 1.059,08 euros anuais. As persoas interesadas deberán ter en conta que para a licitación esíxese unha garantía provisional de 4.200 euros. Asemade, será por conta da persoa adxudicataria a adaptación interior que, no seu caso, deba realizarse para a explotación do local, así como os gastos de mantemento que se xeren.
Unha vez que a persoa adxudicataria leve a cabo as adaptacións no local, estará obrigada a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo en perfectas condicións.
A presentación de ofertas debe realizarse a través da Plataforma de Contratación do Sector Público con prazo ata o 9 de setembro.