La conselleira, ayer, na Autoridade Portuaria de Marín co presidente.

A Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín buscarán posibles vías de colaboración en materia ambiental para optimizar o funcionamento das instalacións ante os retos do quecemento global e dotar
dos mellores e máis modernos servizos ás empresas que operan nas mesmas.

Así o acordaron esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o presidente do Porto de Marín, José Benito Suárez, e o director, Miguel Ángel Navarro, que mantiveron unha reunión nas instalacións pontevedresas para abordar distintos asuntos de interese no marco das súas competencias.

Durante a xuntanza, os representantes da administración portuaria trasladáronlle á conselleira a posición de referencia que ocupa actualmente o Porto de Marín pola posta en marcha desde 2013 de diferentes proxectos medioambientais, algúns deles pioneiros, relacionados coa retirada selectiva de residuos derivados das actividades pesqueiras e portuarias que se levan a cabo nas súas dependencias.

Neste sentido e como resultado do esforzo realizado desde hai máis dunha década, actualmente a Autoridade Portuaria pon en valor o 84% de todos os residuos que xeran as actividades produtivas que acolle dentro das súas instalacións e que están relacionadas na súa meirande parte co sector de procesado de produtos pesqueiros.

A conselleira, pola súa parte, trasladoulles que analizará as posibilidades de colaborar e de implicarse nalgunha das iniciativas medioambientais que están a desenvolver desde o porto para optimizar o funcionamento sostible das súas instalacións e no coidado ambiental da ría de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *