As actuacións afectan aos municipios de Cangas y Moaña e inclúese a execución de beirrarúas, paradas de bus o construccións de glorietas, entre outros
Segundo acaba de informar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a Xunta saca a licitación o Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) de Tirán por 1,1 millóns de euros, nos que se inclúe o pagamento dos 46 predios necesarios para levar a cabo a actuación. Algo máis de 2 quilómetros no vial que conecta os municipios de Cangas e Moaña. Casualmente, este anuncio chega o mesmo día en que comezan as obras do TCA de Domaio.
Esta foi unha reclamación constante da AAAVV da parroquia ante a inseguridade que se vive na coñecida como recta do Lidl. De feito, o durante o ano pasado levaron a cabo varias protestas na zona para pedirlle á Xunta celeridade na tramitación desta mellora da seguridade.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá ao levantamento de actas previas e á licitación das obras no segundo semestre do ano. Os traballos contan dun prazo de execución de seis meses.
Actuacións en Cangas e Moaña
Entre as actuacións de mellora da seguridade viaria inclúese a execución de beirarrúas e de paradas de autobús, a ampliación da sección transversal da estrada, a modificación de enlaces, a construción de glorietas e a regulación das zonas destinadas a aparcadoiros.
O proxecto do departamento de Infraestruturas da Xunta presenta intervencións puntuais en varios treitos da estrada, que varían segundo as necesidades detectadas na análise previa.
Concretamente, no concello de Cangas, proxéctase a execución dunha nova beirarrúa de 2 metros na marxe dereita da estrada entre os puntos quilométricos 21+267 e 21+352, para conectar as existentes na travesía de Cangas coa glorieta do Gordo. Tamén se mellorará a intersección do punto quilométrico 21+660, coa execución de cuñas e trasladarase o paso de peóns existente ao punto 21+700. Ademais disporanse paradas de autobús en ambos os sentidos.
Xa no concello de Moaña, proxéctase unha rotonda de 28 metros de diámetro, con dous carrís de 4 metros, e acondicionarase a súa contorna, ampliándose as beirarrúas da marxe esquerda en dirección Moaña. Disporanse, tamén, dous pasos de peóns intelixentes dotados de detectores de presenza nos puntos quilométricos 22+090 e 22+240. Nos quilómetros 22+560 e 22+810 melloraranse as interseccións con cuñas para incorporación e saída da estrada e reporanse e melloraranse as beirarrúas. Ademais, no tramo do punto quilométrico 22+880 ao 22+920 amplíase a sección da marxe dereita da estrada, onde se disporá unha parada de bus, unha beirarrúa e unha zona habilitada para os contedores de lixo.
Achegas al proxecto inicial
A Xunta, tras a análise das achegas presentadas ao proxecto inicial, muda a solución proposta de execución dunha glorieta na intersección no punto quilométrico 23+220 de acceso ao colexio. Deste xeito, executarase unha intersección con carril central, permitindo o cambio de sentido na vía municipal, como acontece na actualidade. Tamén se disporán beirarrúas para mellorar a seguridade do itinerario peonil escolar, de 2 metros de ancho en ambas as marxes, e reforzarase a seguridade tamén do cruce peonil da estrada.
Esta actuación está enmarcadas na estratexia deseñada pola Xunta para a eliminación de todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, que acada preto do 80% do seu desenvolvemento, entre as obras rematadas e en execución.