O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia S.A. (VIPUGAL) autorizou hoxe a adxudicación do contrato do servizo de redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 21 vivendas de promoción pública en Bueu.
O contrato será adxudicado a Tercero Derecha Arquitectos, S.L.P. por un importe de 174.227,90 euros e prazo de execución de tres meses para a redacción do proxecto básico e dous máis para o de execución.
Esta obra é froito da colaboración entre institucións ao construírse as vivendas sobre unha parcela cedida de balde polo Concello de Bueu, o que permite avanzar cara a consecución do compromiso da Xunta de duplicar o parque de vivenda pública antes do remate de 2028, para o que xa están en marcha máis de 3.000 vivendas.

