Esta instalación permite resolver os problemas de baixa presión que se dan sobre todo en Seixo durante a época do verán, cando aumenta considerablemente a demanda de auga

Durante a época estival, o aumento da demanda do consumo de auga é exponencial, debido á calor, aos regos e ao ench mento das piscinas. Por iso, danse problemas de escasez de presión e de falta de auga nas partes máis altas do municipio, especialmente na parroquia de Seixo.

Por iso, Marín participou no seu día na construcción da instalación de Acuaes, que permite suministrar auga en alta para paliar esta problemática, e que desde hoxe xa está operativa ao cen por cen.

Nas últimas semanas, o Concello xa estivo traballando na posta en marcha desta instalación, que pasa a través do depósito de Pardavila, e na que se levaron a cabo os traballos pertinentes de mantemento, xa que o feito de que non se estivese utilizando nos últimos meses fai necesario axustar os parámetros para que a auga sexa potable.

Tal e como expresan fontes municipais, “grazas a esta instalación temos resolto un problema que sabemos que se produce todos os veráns, porque permite solucionar esa falta de presión que se dá por ese aumento da demanda de auga do verán”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *