O tapiz na sala Domínguez Búa.

O tapiz poderase ver dende mañá, 21 de decembro, e ata despois de Reis, e destaca pola variedade de cores e de materiais da zona

Como cada ano, a Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu acollerá a tradicional alfombra floral de Nadal, que se poderá visitar dende o 21 de decembro e ata despois de Reis. Xosé Leal, concelleiro de Cultura, visitou esta mañá esta alfombra elaborada pola Asociación Cultural de Alfombras de Bueu, e que representa unha vidrieira con motivos destas datas. Carmen Santos, presidenta do colectivo, avanzou que “é un tapiz sostible, con moitas cores e materiais propios da zona, como cunchas de berberechos, follas de eucaliptos, noces ou magnóleos”. Ademais, o musgo foi traído directamente pola asociación dende os Países Baixos, xa que actualmente se atopa prohibida a súa recollida no noso país.

A alfombra tivo un proceso de preparación e elaboración de dous meses e forma parte da programación anual da Asociación de Alfombras, creada no ano 2015 co obxectivo de que a tradición da arte floral non se perdese e que fose coñecida en máis lugares do mundo.

O deseño desta edición é moi figurativo, e nel aparece como novidade a mensaxe “Navidad de esperanza”, un lema que vai en todos os tapices elaborados polas asociacións da Coordinadora Internacional de Arte Efémero e que pretende transmitir bos desexos nestas festas e de cara ao próximo ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *