Colectivos participantes, Santi Cortegoso, Diego Seixo e os concelleiros Coral Ríos, Marta Freire e Daniel Costas.

As actividades culturais e festivas do mes de agosto en Moaña, recollidas cunha fotografía, a da praia do Fontán, e un nome, o do actor Santiago ‘Santi’ Cortegoso. Este veciño de Domaio, aínda que agora fincado fóra por traballo, é o encargado de poñer letra e sentimento á imaxe elixida para esta edición. Bo, quizá sexa ao contrario… Primeiro foi a frase e despois a foto, pero xuntos fan retroceder a aquel tempo no que Cortegoso, xunto ao seu amigo Diego Seixo, recollían caramuxos por ese litoral. Un ‘secreto’ que, xuntos de novo, contan varias décadas despois como creadores da portada dun díptico que recolle a programación de ‘Días de mar’.

Imaxe: Diego Seixo. Texto: Santi Cortegoso

¿Qué facer en Moaña do 1 ao 21 de agosto?

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí