Onte arrancaron os traballos para instalar unha nova pasarela, na que se investirán máis de 100.000 euros. No que duren as obras, poderase baixar á praia pood outros accesos.
A praia de Mogor será este verán totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida. Así o informou o Concello de Marín esta mañá, despois de que se iniciasen os traballos para executar unha nova pasarela na entrada anexa ao Centro de Interpretación de Petróglifos, e desde a cal as persoas que utilizan cadeira de rodas ou que teñan outros problemas de mobilidade poderán acceder a areal sen ningún tipo de problema.
Estas obras foron adxudicadas á empresa ROCAS por un importe superior aos 100.000 € e son un exemplo do compromiso do Gobierno municipal coa accesibilidade universal en todo o municipio, non só na contorna máis urbana, tratando de humanizar as rúas e as prazas para que se eliminen todas as barreiras arquitectónicas senón tamén en espazos naturais, como son as praias.
No que duren os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses, poderase baixar á praia a través do seguinte acceso, que se atopa a apenas uns 200 metros camiñando polo vVal de Praias.

