Piscina municipal de Marín.

Tamén aproveitarase para realizar labores básicas de mantemento. Os abonados só terán que pagar o 50% da cota mensual

A piscina municipal de Marín permanecerá pechada entre o 1 e o 15 de agosto para poder realizar unha serie de actuacións esenciais para mellorar as instalacións e renovar os equipos da mesma.

Por unha banda, instalarase o sistema de aire acondicionado na sala fi tness, que permitirá que a práctica deportiva na mesma sexa mellor, especialmente nos días de verán. Esta maquinaria supó unha inversión de 65.000 euros, que se realiza con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas da Deputación de Pontevedra.

Por outro lado, tamén se renovará a caldeira de agua quente, con sistema ACS, para o que se precisa unha inversión de 15.000 euros. Queda pendente de cara a setembro a instalación da terceira máquina que se renovará: a deshumectadora, fundamental para o correcto funcionamento da piscina e que ten un custo superior aos 82.000 euros.

Durante o mes de agosto, polo tanto, as persoas que teñan abono na piscina só pagarán o 50% da cota mensual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *