Os traballos de acondicionamento, que están na súa recta fi nal, supuxeron unha inversión de 40.000 euros e habilitarán máis de 100 prazas en pleno corazón da vila
As obras de acondicionamento das parcelas de Inferniño que se habilitarán como aparcadoiros públicos gratuítos están a piques de rematar. Supuxeron unha inversión de 40.000 euros e consistiron na eliminación de toda a roza existente, facer os muos de contención e pavimentar.
As parcelas, que suman más de 2.700 metros cuadrados, habilitarán máis de 100 prazas de nova creación en pleno casco urbano, que se suman ás das bolsas de aparcamento de Ponte Zapal e de José del Río só nesa zona.
Traballos de mantemento en Dr. Otero Ulloa (Seixo)
Por outro lado, a Brigada de Obras estivo realizando labores de mantemento no primeiro dos aparcadoiros de Dr. Otero Ulloa, en Seixo, que se atopaba en mal estado polo paso do tempo, a climatoloxía e o uso.
Agora, xa foron resoltos estes problemas e o estacionamento volve a estar en perfecto estado.