Vertedura baixo o ponte da praia de Barra.

“Falar de verteduras de augas fecais en Cangas xa non sorprende a ninguén. Son tantos os episodios de contaminación que xa forman parte do día a día da nosa veciñanza” sinalan desde o grupo municipal do Partido Popular de Cangas. “O perigoso é que rematemos por normalizar o que non debe ser o habitual e que trivialicemos os graves danos que estas verteduras están producindo ao noso medio ambiente e a un dos nosos recursos naturais máis prezados, as nosas rías” continúan.

Desde o grupo municipal defenden que o que agocha esta realidade é “o nulo mantemento que realiza a empresa concesionaria da rede e o pasotismo dun Goberno local amigo, que non realiza ningunha supervisión nin auditoria da xestión do servizo” afirman. “Levan un ano no exercendo función de goberno e a situación , que xa era mala, agora e peor” continúan. “Trataron de tapar a súa nula xestión con anuncios de inversión que a día de hoxe seguen sen materializarse e parece que este verán vai polo camiño do anterior nas que as
bandeiras vermellas e amarelas nos nosos areais foron as protaginistas” lamentan.

Por outra banda, poñen o foco no singular espazo no que se produciu esta última vertedura, en plena zona Red Natura 2.000, de especial valor ecolóxico e paisaxístico. “Pouco lles importa o noso patrimonio natural cando permiten que se contamine e non solicitan as subvencións autonómicas para financiar proxectos de conservación e rehabilitación destes lugares e que están cofinanciadas con fondos europeos” reflexionan. “Unha subvención máis que non piden ou que perden este ano” continúan. “Ao redor de unha docena de subvencións que supoñen varios centos de miles de euros en investimentos que non van chegar a Cangas e podían estar dedicados a mellorar o noso pobo” critican. Reclaman responsabilidades, “son goberno para algo máis que cobrar todos os meses. Non cumpren os acordos plenarios e seguen deixando que a merda chegue o mar. Se non queren traballar que se vaian” reflexionan. “Cangas merece algo máis cun goberno de palla” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *