Celebrarase este sábado 27 de setembro a partir das 18.00 horas e leva de momento máis de 400 deportistas inscritos. O evento, presentado na Alameda, xa é unha cita ineludible do calendario atlético galego
O San Miguel non se entende sen a Milla Urbana, un dos eventos deportivos máis
lucidos dos que se celebran na nosa vila, que enche a Avenida de Ourense e a
Praza de España do mellor atletismo galego.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e
o organizador da carreira, Víctor Riobó, presentaron esta mañá o evento, xunto co
presidente do club San Miguel, Carlos de la Torre e Consuelo Aboal.
Polo momento, tal e como trasladou Riobó, xa hai inscritos máis de 400
corredores, unha cifra que aumentará coas inscricións de última hora e in situ na
propia carreira.
A partir das 18.00 horas dará inicio a carreira cos participantes de Sub16, Sub14,
Sub12 e Sub10, para despois dar paso aos máis pequenos. A partir de entón,
correrán os da Milla Absoluta e a Milla de Élite.
Foodtruck Galicia Sabe AMar
Ademais, a Xunta de Galicia instalará a foodtruck de Galicia Sabe Amar, na que as
persoas que queiran poderán degustar gratis petiscos realizados a base de
produtos certificados do mar e da terra, 100% galegos. Estará entre as 16.00 e as
21.00 horas.